Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Gala do Fútbol da Costa - QPC homenaxeará ao UD Corcubión polo seu 50 aniversario

Cartel Gala do Futbol da Costa-QPC 2023 copia
O cartel da Gala cunha foto histrica do UD Corcubión de Foto Fuentes
A Gala do Fútbol da Costa - QPC homenaxeará ao UD Corcubión polo seu 50 aniversario

Recta final da temporada do Fútbol da Costa, e coma sempre rematamos coa traca final de gala-final da Copa da Costa.

Se o domingo será a final, o sábado 24 de xuño, a partir das 20:00h, a Casa da Cultura de Corcubión acollerá a VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC. Será na vila de San Marcos como homenaxe ao 50 aniversario do club local, o UD Corcubión.

Escoitaremos algún dos protagonistas da súa historia.

A Gala será conducida por Fran Hermida, e haberá un pouco de humor da man do muradán Santi Caamaño.

Serán máis 40 trofeos, os prezados balóns da Olería de Buño (feitos por Feituras), xa convertidos nun obxecto fetiche para todo o fútbol costeiro, os que se repartan durante a gala.

PICHICHIS E POMBOS, OS PRIMEIROS PREMIOS CONFIRMADOS

Xa temos algúns premios confirmados:

PATROCINADORES

Compre agradecer ás casas que fan posible esta gala, que conta co apoio da Real Federación Galega de Fútbol e do Concello de Corcubión:

  • Servicio Técnico Oficial Saunier Duval.
  • Cárnicas Domínguez.
  • Carbónicas Landeira “La Pitusa”.
  • Restaurante Lonxa D’alvaro (Muxía).
  • Iván Vilanova Asesoría e Auditoría.
  • Seguros Reale Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba.
  • Autocares J. Pombo.
  • Grupo As Baleas (Cee - Muxía - Fisterra).
  • Aluminios Dumbría.
  • Muebles Ordóñez (Ponte do Porto.
  • Electricidade Héctor Castro (Cerqueda).
  • Asesoría Asfeco (Malpica).
  • Manuel Castiñeira Clínica Dental.
  • El Juguetón.
  • Cristalería Vilas.
  • Escola de Porteiros Nordés.
  • Restaurante Carrumeiro (Corcubión).

QPC agradece tamén a colaboración continua de Gerca, Bazarra, Oemáis, Centro Comercial Finisterrae, Gerca, O Semáforo de Fisterra e o Faro de Lariño, As Eiras de Lires, Bar o Moncho.

MÁIS INFO

Comentarios