Martes. 30.04.2024
El tiempo

Corcubión acollerá o sábado 24 a VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC

Cartel Gala do Futbol da Costa-QPC 2023 copia
Corcubión acollerá o sábado 24 a VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC

Este vindeiro sábado 24 de xuño, a partir das 20:00h, a Casa da Cultura de Corcubión acollerá a VIII Gala do Fútbol da Costa - QPC. O equipo de deportes de Quepasanacosta quere acodir á vila de San Marcos para celebrar o 50 aniversario do club local, o UD Corcubión, ao que renderá unha pequena homenaxe.

Será conducida, coma sempre, por Fran Hermida, moi contento ademais de facelo na súa casa, e haberá un pouco de humor da man do muradán Santi Caamaño.

Serán máis de 40 os premios entregados. Máis 40 persoas ou entidades que leven para casa os prezados balóns da Olería de Buño (feitos por Feituras), xa convertidos nun obxecto fetiche para todo o fútbol costeiro.

Trofeos Oleria de Buno Gala Corubion
Trofeos Olería de Buño feitos por Feituras

Se ben boa parte dos premios (11 ideal masculino e feminino; Mellor Xogador/a; Mellor Adestrador, Mellor Equipo Masculino e Feminino, Mellor Afección) será decididos polos propios protagonistas (engadiremos novidades no sistema de votación), haberá premios aos Colexiados e aos Delegados da man do Subcomité costeiro, teremos un premio especial ao fútbol base, e outro histórico.

Pichichis e Pombos, os primeiros premios confirmados

Xa temos algúns premios confirmados:

Patrocinadores

Compre agradecer ás casas que fan posible esta gala, que conta co apoio da Real Federación Galega de Fútbol e do Concello de Corcubión:

  • Servicio Técnico Oficial Saunier Duval.
  • Cárnicas Domínguez.
  • Carbónicas Landeira “La Pitusa”.
  • Restaurante Lonxa D’alvaro (Muxía).
  • Iván Vilanova Asesoría e Auditoría.
  • Seguros Reale Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba.
  • Autocares J. Pombo.
  • Grupo As Baleas (Cee - Muxía - Fisterra).
  • Aluminios Dumbría.
  • Muebles Ordóñez (Ponte do Porto.
  • Electricidade Héctor Castro (Cerqueda).
  • Asesoría Asfeco (Malpica).
  • Manuel Castiñeira Clínica Dental.
  • El Juguetón.
  • Cristalería Vilas.
  • Escola de Porteiros Nordés.
  • Restaurante Carrumeiro (Corcubión).

QPC agradece tamén a colaboración continua de Gerca, Bazarra, Oemáis, Centro Comercial Finisterrae, Gerca, O Semáforo de Fisterra e o Faro de Lariño, As Eiras de Lires, Bar o Moncho.

Máis info

Comentarios