O Xallas cadete completa o trío de campións da Copa da Costa
18:59 21/05/23
Tres equipos foron protagonistas das finais da Copa da Costa. Xallas, Sofán e Outes coparon as finais copeiras de Xuvenís, Cadetes e Infantís, resultando cada un campión nunha categoría. Mellor repartido imposible.
Se o sábado pola mañá o Outes alzábase coa copa Infantil ante o Sofán no Carral, pola tarde era o cadro carballés o que quedaba campión Xuvenil ao vencer ao Xallas en Esteiro.
O domingo tocaba a final Cadete, que se celebrou este domingo no Xosé Luís Vara de Esteiro. Neste caso foi o Xallas o que se alzou co título, superando ao Outes.
Fases de ascenso
Toca agora poñer o foco nas fases de ascenso. En Xuvenís, o doble campión Sofán buscará o ascenso.
Novas relacionadas
- Os cadros da Copa en www.copadacosta.com.
- Outes e Sofán primeiros campións da #CopadaCosta Xuvenil e Infantil.