Unha xornada para homenaxear ás Campioas Galegas e poñer en valor a eclosión do #FUTFEMDACOSTA
Emotiva e interesante a Xornada Formativa arredor do Fútbol Feminino da Costa da Morte a que QPC e o Comité de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol organizou onte en Fisterra, coa colaboración municipal. Unha xornada que mantén o fío aberto a semana en Zas, que pon o foco na eclosión do #FUTFEMdaCosta, que pasou de ter 5 a ter 23 clubs en apenas 5 anos.
Unha explosión que se visibiliza perfectamente na Xeración de Rapazas que hoxe teñen 12-13 anos, que xa son bicapionas Galegas rompendo todas as barreiras da nosa pequena comarca, e que onte foron homeneaxadas por QPC e a RFGF.
Abría as xornadas o seu ideólogo, Alberto Pose (QPC), explicando a nosa vontade de realizar actividades positivas para o noso fútbol como as que levamos facendo dende hai máis dunha década (carrusel, crónicas, álbumes de cromos, partidos solidarios, galas, charlas…).
De paso a Luís Insua, o alcalde de Fisterra que agarda que estas charlas sexan un aliciente para recuperar a sección feminino do club local. Pasaron polo estrado tamén o delegado federativo da Coruña e Costa Manuel Gonzaléz Corredoira e a directiva Silvia Cancela, para facer entrega, xunto con Óscar Leis (de QPC) do agasallo ás campionas.
Unha homenaxe para as Campionas Galegas
A xornada serviu de homenaxe para a Xeración de Ouro, as xogadoras da Selección da Costa sub13, gañadoras do Campionato Galego de Seleccións Comarcais celebrado en Mos. O combinado, adestrador hai dous anos polo xalleiro Eloy García Fateira e este curso polo ceense Rubén Martínez, onte recolleron un agasallo. Estas son as artistas:
- Valentina García (Dumbría CF).
- Noa Rellán (CDC Zas).
- Noa Sambad (Dumbría CF, Muxía CF e Bergantiños CF).
- Martina Lago (Dumbría CF e Os Miúdos).
- Martina Fdez. (ED Os Miúdos).
- Claudia Ares (UC Cee).
- Laura López (CDC Zas).
- Lucía Romero (Outes FC).
- Paula Miñones (Dumbría CF e EF Juan Cabrejo).
- Valeria Fondo (CDC Zas).
- Valeria Rey (SD Sofán).
- Sabela Varela (UD Cerqueda e Corme CF).
- Lola Soneira (Muxía CF).
- Claudia Neira (UD Cerqueda e Corme CF).
- Antía Puñal (UD Cerqueda e Corme CF).
- Noemí Rod. (Dumbría CF e EM Carnota)
- Zoe Montero (Dumbría CF).
- Gema Mouzo (Soneira SD, A Baleas e Muxía CF).
Unha semana no Fútbol Feminino Profesional
A sesión formativa, que non quixeron perder nin as propias rapazas, comezaba coa ponencia de Alberto Rodríguez (2º adestrador do Depor Abanca; SD Sofán), sobre “O rol do 2º adestrador: o engranaxe invisible do rendemento". Alberto de debullou a vida profesional no Dépor Abanca, e como viviu o estrés as primeiras semanas ao pasar de 3ª División masculina ao máximo nivel do fútbol feminino estatal.
Abriunos as portas do Depor Abanca de par en par, onde comparte staff con outras 13 persoas (entre elas, Javi de Laxe), e debullou a dedicación total desta experiencia profesional. Afondou no rol de segundo adestrador, que xa non é só un apoio nin o chico dos recados, senón que traballa para mellora de rendemento, e deu datos interesantes sobre as caracterízas específicas do fútbol feminino en tema de lesións, de ciclo ovular, ou de mobilidade e forza.
Así, invitou ás campioas a traballar a busca do alto rendemento de en cadetes, explotando as virtudes e mellorar as carencias na categoría na que esteas, poñendo en valor a constancia como gran valor, así como o esforzo.
Fisober FSF: Unha viaxe ao berce
Estas xornadas tiñan que contar a historia do club pioneiro na comarca. Fran Toba debullou a historia do Fisober FSF dende que 2004 se propuña unir as comarcas de FISterra, SONeira e BERgantiños a través do Fútbol Sala. Con vídeos de Ana Mouzo, Sharay Caamaño, Paula Fandiño ou a propia Martina Lago (unha das campionas galegas sub13 que xa non lle chegan os dedos para contar os campionatos galegos), destacaron o papel de “familia” que resulta o club e a importancia das experiencias vividas como campionas galegas, campionas de España; como foi competir 5 anos en liga nacional chegando a xogar torneos internacionais mesmo contra xaponesas. O club segue demostrando o seu potencial con metendo 5 nenas nas últimas seleccións galegas de base. “Deste barco non me baixa ninguén”, resumiu Sharay Caaamaño o amor que lle teñen ao club as súas xogadoras.
Mesa redonda
Laura Rod. (xogadora do Ponteceso SD, e xornalista en @Mareandoxogo e Diario de Bergantiños), moderou a mesa redonda que reflexionou sobre a evolución do noso FUTFEM. E comezou polo comezo que non é outro Os Miúdos de Fran Figueroa (actual adestrador da SD Esteirana, e ex do Dumbría e as Miúdas, e nomeado Mellor Adestrador da Costa Fem na Gala de QPC 2023), que montou o primeiro equipo de fútbol campo na comarca, tras formarse con Manu Sánchez. Fran agradeceu o compromiso de xentes como Pitix, fundamental no crecemento, e destacou a implicación do lado humano para favorecer o crecemento, tanto en Muros como en Dumbría, onde foi a semente para a creación da canteira feminina.
Eloy García Feteira (adestrador do Xallas FC, e da Selección da Costa sub11 Campioa Galega), que puxo un nome ao nacemento do Xallas feminino: María, unha das capis actuais con apenas 17 anos, e unha pioneira.
Pola súa parte, Rubén Souto (adestrador do Corme CF e recoñecido como Mellor Adestrador da Costa na Gala QPC en 2024 e 2025) debullou como foi os comezos en Corme, poñendo en valor o esforzo, a implicación das xogadoras para obrigar aos clubs a abrir seccións femininas.
Xogadoras como Eva Carril (xogadora do SD Ponteceso, mestra e adestradora da base), que non empezou tan pronto a xogar como as rapazas de agora, xa que os seus pais non lles gustaba que unha nena xogara ao fútbol, pero que recoñecía que esa discriminación era máis dos maiores que dos rapaces, que a trataban como unha máis. Foi gracias a Manolo, adestrador de Corme, que obrigou aos seus pais a levala ao Bergantiños, con que gañou a Copa da Costa precisamente ante as Miúdas de Fran, o ascenso, marchou para o Cerqueda, e cando se fixo o Ponteceso volveu para casa. Recordou os comezos do Ponteceso Feminino, e recordou aquelas xornadas de portas abertas con mñais de 30 rapazas. Entre elas estaba a propia moderadora, Laura Rodríguez: “Eu xogo ao fútbol gracias a Eva”, recoñeceu.
Fixeron unha valoración das boas virtudes de ser bo adestrador, nomeando frases de compañeiros como Santi Lira ou o propio Huelvis, no que o factor humano volveu demostrarse fundamental.