Unha xornada de ponencias e conversas para poñer en valor a eclosión do #FutfemdaCosta
Tralo éxito da Xornada Formativa de QPC-RFGF sobre o fútbol da Costa masculino, o diario dixital da Costa da Morte e o Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol poñen o foco na eclosión do #FutfemdaCosta.
Unha evolución que se simboliza perfectamente nos dous campionatos Galegos conseguidos polas Seleccións da Costa feminina de base. Precisamente, a Xeración de Ouro, as xogadoras da Amarela sub13 que veñen de gañar o seu segundo título galego en Mos, serán homanexeadas e recibirán un detalle por parte da Federación.
A cita, desenvolveranse o luns 2 de marzo, ás 19:00 no Salón de Actos do Concello de Fisterra, coa colaboración municipal, e comezará coa Ponencia de Alberto Rodríguez, actual 2º adestrador do Depor Abanca; e ex adestrador da SD Sofán en Preferente.
De contado, Fran Toba (Ana Mouzo non pode estar por motivos laborais) ofrecerá unha ponencia sobre o Fisober FSF, club pioneiro na comarca en Galicia.
De seguido, teremos unha mesa redonda con voces do noso fútbol costeiro, sibre a eclosión do FUTFEM na Costa da Morte. Estará moodera por Laura Rodríguez, xogadora do SD Ponteceso, e xornalista en @mareandoxogo e no Diario de Bergantiños), coa presenza de:
- Fran Figueroa (actual adestrador da SD Esteirana, ex do CF Dumbría e un dos creadores da sección feminina do pioneiro ED Os Miúdos e recoñecido como Mellor Adestrador da Costa na Gala QPC en 2023).
- Rubén Souto (actual adestrador do Corme CF e recoñecido como Mellor Adestrador da Costa na Gala QPC en 2024 e 2025).
- Eloy García Feteira (actual adestrador do Xallas FC, e da Selección da Costa sub11 Campiona Galega).
- Eva Carril (xogadora do SD Ponteceso e adestradora da base)
Prégase confirmar asistencia para ter unha estimación de aforo nestrouto formulario online.