Colaxe abre un novo curso formativo gratuito de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes
Se queres levar a túa carreira profesional pola atención sociosanitaria, polo coidado dos maiores, tes unha vía dende Laxe. O Centro Colaxe comeza unha nova acción formativa que vai desenvolver nas próximas semanas e que pode ser de interese para persoas da zona que estean buscando emprego ou mellorar a súa cualificación profesional.
Abren unha nova edición do certificado profesional de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (SSCS0208).
Trátase dunha formación gratuíta, homologada pola Xunta de Galicia, dirixida principalmente a persoas desempregadas e pertencente a un sector con gran demanda de profesionais.
Datos principais do curso:
- Inicio: 27 de marzo de 2026
- Finalización: 20 de agosto de 2026
- Duración: 528 horas
- Horario: de 9:00 a 14:00
- Lugar: Laxe
- Prazas limitadas
- Inclúe formación práctica en empresas do sector
As persoas interesadas poden consultar a información e realizar a inscrición a través desta ligazón.