As Casas do maior de Senande, Vilar e Ponte Olveira abren as súas portas este domingo
08:25 28/01/26
Trala primeira xornada de apertura de portas, as outras tres novas "Casas do Maior Costa da Morte – Rede de Cooperativas Colaxe” recibirán visitas este domingo. Os minicentros de día polos que aposta a Xunta, abertos en Senande (Muxía), Vilar (Fisterra) e Ponte Olveira 2 (Dumbría), abrirán as portas para que a veciñanza poida coñecer estas instalacións que acollerán 5 maiores en servizo diúrno.
Estes son os horarios:
- Casa do Maior de Senande (Muxía) – domingo 25 de xaneiro, ás 11:30 h.
- Casa do Maior de Vilar (Fisterra) – sábado 31 de xaneiro, ás 12:00 h.
- Casa do Maior de Ponte Olveira 2 (Dumbría) – sábado 31 de xaneiro, ás 16:30 h.

