venres. 06.03.2026
El tiempo

Colaxe abre un novo curso formativo gratuito de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes

Formacion Colaxe
Colaxe abre un novo curso formativo gratuito de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes

Se queres levar a túa carreira profesional pola atención sociosanitaria, polo coidado dos maiores, tes unha vía dende Laxe. O Centro Colaxe comeza unha nova acción formativa que vai desenvolver nas próximas semanas e que pode ser de interese para persoas da zona que estean buscando emprego ou mellorar a súa cualificación profesional.

Abren unha nova edición do certificado profesional de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais (SSCS0208).

Trátase dunha formación gratuíta, homologada pola Xunta de Galicia, dirixida principalmente a persoas desempregadas e pertencente a un sector con gran demanda de profesionais.

Datos principais do curso:

  • Inicio: 27 de marzo de 2026
  • Finalización: 20 de agosto de 2026
  • Duración: 528 horas
  • Horario: de 9:00 a 14:00
  • Lugar: Laxe
  • Prazas limitadas
  • Inclúe formación práctica en empresas do sector

As persoas interesadas poden consultar a información e realizar a inscrición a través desta ligazón.

Comentarios