Do bosque ao prato

Imaxe da saída micolóxica do ano pasado con Víctor Basante

Despois da boa acollida do ano pasado, a casa rural Arrueiro (Soesto, Laxe, Costa da Morte) volve cunha nova proposta o 15 e 16 de novembro para vivir unha fin de semana entre bosque, aprendizaxe e sabores de outono.
 
A experiencia combinará natureza, divulgación e gastronomía nun ambiente próximo e acolledor. Dará comezo o sábado 15 ás 15:00h cunha xornada didáctica de identificación de cogomelos guiada por Juan Carlos Laboura (enxeñeiro agrónomo e apaixonado divulgador de micoloxía). Pola noite, Victor Basante —chef de Arrueiro premiado como Mellor Cociñeiro Galego 2025— ofrecerá unha cea maridaxe con productos de tempada, na que os cogomelos serán os protagonistas.

 
O domingo 16 pola mañá completarase a experiencia cunha segunda saída máis libre, pensada para poñer en práctica o aprendido e seguir disfrutando do entorno con calma.
 
A actividade poderá realizarse en dúas modalidades:

  • Só xornada micolóxica (inclúe saídas + cea maridaxe): 90€ por persoa
  • Xornada micolóxica con aloxamento (saídas + cea maridaxe) + 1 noite en habitación dobre con almorzo a prezo especial: 260€ para dúas persoas

“Aínda que este ano, polo momento, a tempada de cogomelos está a ser algo frouxa pola falta de choiva, confiamos en que a natureza sempre ten algo que ofrecernos”, explican Victor e Luisa (xerentes de Arrueiro), e lembran que “máis que encher a cesta, é unha invitación a aprender e disfrutar do entorno e da experiencia compartida”.
 

Podedes reservar Inscripcións nos 617749636 ou info@arrueiro.com.

Máis novas mixolóxicas