Elevan a queixa polos recortes no CPI de Laxe á Valedora do Pobo
O pasado venres as familias de Lace protagonizaron a segunda manifestación neste comezo de curso contra os recortes na educación pública. O CPIP Cabo da Area segue sen recibir o mestre de Audición e Linguaxe adxudicado, e choran cada vez que escoitan ao Conselleiro dicir mentiras no Parlamento asegurando que o cole ten mestres de sobra.
Mentres as familias esixen a cobertura da praza nas rúas, tamén o fai o BNG nas administracións. Por un lado o grupo municipal do BNG de Laxe presentou unha moción no pleno para que o goberno do concello pedira formalmente que se cubrira dita praza saiu aprobada por unanimidade, obtendo unha promesa do equipo de goberno de facer dita solicitude.
Ademais, presentaron unha queixa na Valedora do Pobo para que cubra dunha vez por todas a praza de mestre de AL.
Ademais, a nivel nacional, o BNG enviou unha Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 4ª, relativa aos recortes no CPIP Cabo da Area de Laxe, que defenderá o deputado Daniel Pérez, un tema que volven levar ao Parlamento “dada a falta de sensibilidade e de concreción do conselleiro de Educación na resposta á pregunta formulada polo noso grupo no mes de setembro”, sinalan.
Pidenm o AL pero tamén un/ha segunda especialista en Pedagoxía Terapéutica (PT) para as etapas de educación infantil e primaria cando menos, para así conformar un equipo suficiente de docentes encargados de CPIP Cabo da Area de Laxe de Necesidades Especiais (NEE) do centro CPIP Cabo da Area de Laxe.
A Proposición non de lei será debatida na Comisión 4ª, Educación e Cultura, que se reunirá o próximo día 17 de outubro de 2024, ás 10:30 horas, no pazo do Parlamento, apenas 3 días despois de que o PSOE levase unha pregunta semellante.