Luns. 07.10.2024
El tiempo

O PP respóndelle ás familias de Laxe no Parlamento que xa teñen mestres de sobra

O deputado do BNG Daniel Perez coas nais de Laxe
O deputado do BNG Daniel Perez coas nais de Laxe
O PP respóndelle ás familias de Laxe no Parlamento que xa teñen mestres de sobra

Falouse onte no Parlamento Galego dos recortes no CPI Cabo da Area, de Laxe, a raíz dunha pregunta levada polo BNG sobre as necesidades educativas no centro. O grupo invitaba ademais ás familias do centro a participar na sesión parlamentaria que puideron comprobar de primeira man a crudeza do Partido popular.

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deixou claro 1ue no centro “se cumpren as rateos establecidas no acordo estrutural de mellora do sistema educativo galego”. As cifras mandan de novo, como xa lle trasladaron á ANPA do CEIP O Pindo, que seguen en folga e teñen unha concentración hoxe xoves, e cun, respondendo que o centro conta cun rateo de 7,7 alumnos por profesor, e que conta “con dous especialistas en Pedagoxía Terapéutica, un deles por riba do que lle corresponde pola súa tipoloxía de centro”.

Esqueceu o Concelleiro que o centro non ten mestre de Audición e Linguaxe (AL), a pesar de que son carreiras e profesións distintas con funcións complementarias. Mentres que a PT traballa con todo o alumnado con capacidades diversas, o/a mestre/a de Audición e Linguaxe enfócase nas dificultades específicas relacionadas coa fala, a escoita e a comunicación escrita.
Así, a Pedagoxía Terapéutica aborda a inclusión e integración de estudantes con diversas necesidades educativas, abranguendo tanto o aspecto académico como o social e emocional. En cambio, o traballo do profesorado de Audición e Linguaxe céntrase en cuestións concretas como as dificultades de fala, dislexia, trastornos do espectro autista (TEA), trastorno específico da linguaxe (TEL) e outros problemas de comunicación.

”Lamentablemente, o señor conselleiro semella non comprender a importancia desta distinción”, denuncian as familias. “Para maior frustración, afirmou que o equipo de valoración específico e a inspección educativa consideraron que con mestres de PT era suficiente. Preguntámonos entón como se van cubrir as necesidades específicas dos nenos con problemas de comunicación sen o apoio especializado en Audición e Linguaxe”, reflexionan as familias.

Comprobaron en primeira persoa as familias os habituais regates que se usan en política cando o conselleiro intentou desviar a réplica mencionando cuestións alleas ao tema, como a AP9, o” que nos pareceu unha falta de respecto total cara ás familias presentes e unha tomadura de pelo, restando seriedade a un asunto tan importante como é a educación dos nosos fillos”.

Críticas do BNG

Pola súa banda, o deputado do BNG Daniel Pérez, acusou ao conselleiro de “racanear co máis importante” ao deixar sen a atención que precisan aos nenos e nenas con necesidades educativas específicas do CPI Cabo da Area de Laxe. “Fallan vostedes, precisamente, na atención aos que máis o precisan”, sinalou o deputado nacionalista tras escoitar a “decepcionante” resposta do conselleiro que, lamentou, nin admitiu as carencias de persoal no centro nin atendeu á reclamación de dotar o centro, polo menos, dun docente especialista en Audición e Linguaxe.

Pérez lembrou a presenza de nenos con diversidade no centro laxense, como un neno con dislexia acreditada; outro trastorno espectro autista, unha con problemas graves de visión, ou outros catro que teñen unha discapacidade do 33% ou máis. “De verdade vai dicir que non é necesario, como mínimo, contar cun especialista de Audición e Linguaxe a tempo completo no centro?, preguntouse o deputado do BNG, lembrando aue aínda o curso pasado o 20 % do alumnado do centro educativo de Laxe tiña necesidades específicas de apoio educativo.

Máis novas sobre os recortes

Comentarios