Investigada unha veciña de Laxe por facer compras online coa tarxeta bancaria da muller que coidaba

Equipo de estafas da Garda Civil

Non son habituais estes sucesos, pero a Garda Civil vén de poñer o foco sobre unha veciña de Laxe por dous supostos delitos, un de estafa e outro de furto.

Foi outra veciña a que denunciou na Garda Civil de Vimianzo que lle fixeran varios cargos bancarios non autorizados na súa tarxeta por un importe de 1.845,55 euros.

A investigación levou ata a que era coidadora da nai da vítima, que roubara a tarxeta e realizara numerosas compras por internet.