luns. 24.11.2025
El tiempo

Laxe acolle a xornada de presentación dun novo proxecto de Turismo Mariñeiro

Turismo Marineiro GALP
Laxe acolle a xornada de presentación dun novo proxecto de Turismo Mariñeiro

Este martes 25 de novembro, o Museo do mar de Laxe acolle a presentación do novo Proxecto de cooperación sobre Pesca - turismo e  Turismo Mariñeiro.

Esta actividade enmárcase no proxecto  de cooperación Mar e Rías, Pesca & Turismo, financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) no que participan os 8 Grupos de Acción Local del Sector Pesqueiro (GALP) Galegos.

A xornada, dará comezo as 17:30 horas o dia 25 de novembro no Museo do Mar de Laxe (Laxe), e estará aberto o publico en xeral e en particular a aqueles que teñan unha idea ou estean  interesados en desenvolver un proxecto de Turismo Mariñeiro ou Pesca- turismo.

A presentación do proxecto correrá cargo do Xerente do GALP, Guillermo González Diez, e o taller de emprendemento será dirixido por persoal experto que colabora no desenvolvemento do proxecto.

Mar e Rías, Pesca & Turismo, ten como obxectivos: 

  • Fomentar o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro, diversificar as fontes de ingreso das comunidades pesqueiras mediante actividades de Pesca -Turismo e Turismo Mariñeiro, e promover prácticas sostibles que respecten o medioambiente mariño e contribúan ao seu mellor coñecemento e coidado.
  • Fortalecer capacidades locais, formar a pescadores e mariscadoras en actividades turísticas e apoiar o emprendemento xunto coa profesionalización das actividades de Pesca - Turismo e Turismo Mariñeiro,
  • Promoción conxunta do turismo mariñeiro en plataformas de comercialización de turismo pesqueiro
  • Para levar a cabo o proxecto están prevista unha serie de actividades: un curso de formación de Turismo Mariñeiro e Pesca-Turismo, titorías personalizadas, cursos de formación online, visitas dea experiencias que se estean comercializando, xornadas piloto de exhibición de iniciativas turísticas, e un congreso internacional de Turismo Pesqueiro

Comentarios