Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal

Novas protestas dende o sector polo novo seguro do mar e pola Lonxa Comarcal
"A xente non asimilou o grave problema que se nos vén enriba, e cando se decaten do que teñan que pagar, ou se pasa algo neste tempo intermedio, xa nos levaremos as mans á cabeza". Asi valora un dos patróns maiores da Costa da Morte as novidades en torno ao novo seguro pridavo do mar. Era José Manuel Barcia, patrón maior da Confraría de Laxe, que ao igual que a Asoar Armega quere informar a todo o sector da penosa situación á que se enfrontan os 25.000 mariñeiros de todo o país. "Falta de información, e aquí ninguén se decata de que nos quitan un riñón", apunta Barcia. Barcia lembra que "o seguro que tiñamos tiña unha cobertura excepcional que cubría a todos os mariñeiros galegos que traballaban no Gran Sol, en Terranova, nas Seichelles... Un seguro que pagaba ata a repatriación de cadáveres". "Non entendo como un seguro que lle costaba 800.000€ á Xunta cubría tanta cobertura, e agora o quitan", pregúntase ademais. A situación co novo seguro privado é ben distinta. Ademais de teren que pagar 100€ por mariñeiro, ata que o novo seguro non se contrate ("se é privado por que non podo elixir empresa e teño que facelo con Polar Seguros?" pregúntase Barcia) os pescadores están sen cobertura algunha. Cruza os dedos Barcia lembrando que son moitas as embarcacións familiares. Ademais a partir de xa "as mariscadoras están descubertos, porque quen lle vai facer un SRC (Seguro de responsabilidade Civil) a un rastrillo?". O problema coas mariscadora acentúase nesta época de forte marisquo de cara ao Nadal.

Consultado ao sector

A Confraría de Laxe e mais a Asoar Armega están enviando un escrito a todas as confrarías do país para pulsar, verdadeiramente, o pensamento do sector. Barcia non cre as palabras da Consellería do Mar, que fixo asinar aos presidentes das confrarías provinciais e se apresurou a mandar un comunicado a través da propia nova entidade creada polo Goberno do PP, Polar Seguros. O escrito fai un chamamento aos patróns maior que estudien as pólizas.

Lonxa comarcal

Volve ademais o tema da Lonxa Comarcal á palestra. Un tema crucial e que ata que a Costa nono tome en serio non solucionará o problema de que as capturas vaian venderse a lonxa da Coruña e demais grandes centros. Barcia lembra que o tema foi paralizado ás costas do sector. O Presidente da Federación de Confrarías Galegas e Patrón maior de Malpica, Genaro Amigo, aseguraba que" o problema da lonxa comarcal era que cada patrón maior tiraba para o eu porto". Segundo Barcia esto non é certo. "Os patróns maiores do GAC - Costa da Morte firmamos que queríamos unha lonxa comarcal", que podería estar en Vimianzo, como asegura Barcia, que conta que xa tiñan ata os permisos para contruirse no polígono vimiancés.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios