O programa Fixar integra en Laxe as experiencias de emprededores de todo o país

Xa leva unha semana no espazo iSlow Coliving os integrantes da segunda edición do programa Fixar. Novos emprendedores do país pasan unha semana na nosa terra para explorar novas formas de vida e traballo no rural a través de experiencias de coliving e colaboración. 

E a súa integración está sendo espectacular, e xa os temos visto participando nun xantar veciñal como nun encontro do sector turístico da comarca

O grupo galego comparte experiencias con colivers internacionais de Italia e Alemaña. A través deste programa, cada participante terá a oportunidade de afondar no seu proxecto persoal e profesional, contando co apoio doutras persoas emprendedoras, creativas e comprometidas co territorio.

O encontro comezou cunha cea de benvida e unha sesión de presentación na que cada persoa compartiu os seus intereses e motivacións persoais. Durante os seguintes días, o grupo explorou a vila e reuniuse para comezar a explorar conxuntamente os obxectivos, recursos e desafíos de cada proxecto, co obxectivo de avanzar de forma colaborativa.

Lembra a familia do iSlow que "Fixar é unha aposta pola innovación social, a conexión interterritorial e o impulso de iniciativas con impacto local". O programa continuará durante os vindeiros meses con novas quendas e participantes, afondando na idea de que o rural pode ser un lugar onde fixar raíces, ideas e futuro.

O programa Fixar é unha iniciativa financiada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, no marco do seu apoio ao emprendemento e á fixación de poboación no rural.

 

Máis novas