Venres. 26.04.2024
El tiempo

Samuel Martínez Fandiño presenta, con só 15 anos, o seu primeiro libro para “transmitir e emocionar”

Samuel Martinez Fandino Samu de Soesto libro
Samuel Martínez Fandiño presenta, con só 15 anos, o seu primeiro libro para “transmitir e emocionar”

Ten 15 anos e vive en Soesto (Laxe). Dende moi novo gústalle ler “libros con frases de reflexión”, cos que se sentía “moi identificado” así que se animou a facer algo semellante. Así nace, para “transmiir e emocionar”, “El poder ser yo”, autopublicado e á venda en mibestseller.es.

Ademais de comunicar sempre a través de instagram, xa ten publicado na plataforma Wattpad, e gracias á boa acollida que tivo animouse con este libro.

”Este libro nace porque quero transmitir o que sentimos moitos adolescentes nos malos momentos e nos bos tamén”, explica. “Desta maneira transmitir o que sinto sendo adolescente nos meus diferentes estados de ánimo. Moita xente seguro que se sentirá identificada con algún destes momentos”, cóntanos.
”Como ben dixen antes o libro vai de todos eses momentos que pasamos cando somos adolescentes e xa non tanto. Todos temos momentos de baixón, pero como ben digo no libro, sempre vai haber alguen que sexa como a túa brúxula e te guíe a todos eses bos momentos.”

Sobre as súas influencias recoñece ”Teño bastantes referentes, pero o de maior preferenza é Javier Gallardo, empezou a grabar vídeos con textos do seu libro e agora e bastante famoso”.

Comentarios