Solución temporal ao problema da area de Laxe

Portos de Galicia vén de retirar máis de 3.000 metros cúbicos de area das instalacións portuarias e o paseo marítimo do concello de Laxe. Unha acción que a Xunta vén realizando dende hai máis de 20 anos, pero que non pasa de ser unha soución temporal a un problema de gran calado.

I é que ano tras ano, a Xunta realiza unha extración de area (se cadra esta é algo máis grande). Pero ano tras ano o problema segue sendo unha realidade. Segundo varios expertos da zona a solución sería un dique na zona da Besugueira, unha solución demasiado cara para as arcas públicas.

Por iso, canda ano Portos de Galicia fai unha acción semellante. O seu presidente Durán Hermida explicou que a actuación desenvolvida consistiu na simple recollida da area descarnada da praia polo vento e desprazada a parte das instalacións portuarias e o casco urbano de Laxe. Actualmente esta area está a ser transportada preto de 4 quilómetros ao sur, ata o outro extremo da praia onde é depositada para uniformizar o areal. Nesta actuación o ente público investiu algo máis de 12.000 euros.

Asegurou que esta actuación terá continuidade por parte de Costas do Estado en virtude dun acordo entre ambas administracións e o Concello. Así, o organismo dependente do Ministerio de Medio Ambiente o que tomará o relevo dos traballo, para continuar co alineamento da praia. Posteriormente procederá á implantación da vexetación que anclará as dunas.
Ademais, na súa visita a Laxe, o presidente de Portos anunciou que nos vindeiros días terá lugar a convocatoria da mesa técnica que o ente público ten constituído, con participación tamén de Costas e o Concello, para avaliar as posibilidades técnicas de modificación das instalacións portuarias coa fin de minimizar a alteración da dinámica litoral.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa da XUnta.