Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe

Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe

Membros da confraría e da corporación municipal de Laxe , con representantes do PSOE, PP e IxLaxe, reuníronse onte co presidente de Portos de Galicia para tratar o problema cos áridos. O alcalde laxense xa puña a solución no tellado da Xunta e parece que hai resposta.
I é que non pode ser que a única praia con dúas bandeiras da Costa da Morte teña esta clase de problemas.

Durán, comprometeuse resolver de forma "inmediata" o problema, retirando a area e recuperando os traballos que o ente realizaba dende 1991. Xa están preparando un plan de traballo, no que a fixación das dunas con especies vexetais será un dos temas máis importantes.

Pero as peticións do grupo laxense ían máis alá, intentando recuperar o proxecto do contradique da Besugueira, unha solución proposta dende Laxe dende o 2008. Algo que dende Portos non vén tan claro polo que pretenden facer unha comisión técnica para realizar un Plan Integral que agardemos non volva tardar anos en levarse a cabo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios