Xoves. 04.06.2020
El tiempo

A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución

A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución
Continúa a problemática na vila de Laxe coa arena da praia. Como cada inverno nos últimos anos, o vento trae a area ata o paseo invadindo parte das instalacións portuarias e terreos de titularidade municipal, un espazo que, por certo, lle correspondía. As correntes mariñas e o vento empurran a area e a desvían cara á zona máis próxima ao porto, onde se amorea. A problemática vén de lonxe, dende os anos 80, pero a solución tamén parece lonxana dado o enfrontamento político entre Portos de Galicia, do PP, e Costas, dependente do Goberno Central, do PSOE. Polo medio, o concello local cn goberno do PSOE que non sabe a quen pedir. Nos últimos 20 anos a problemática solucionouse polo xeito máis cómodo. Antes do verán operarios cargan varios camións de area do paseo e os devolven á praia. Solución eficaz para o verán pero que non solventa a situación. Segundo varios expertos da zona a solución sería un dique na zona da Besugueira, unha solución demasiado cara para as arcas públicas. Dende Portos consideran que é necesario resolver o problema de raíz, modulando o areal, isto é, facendo un equilibrado da area. E para iso insta ao Ministerio de Medio Ambiente, Rural, e Mariño, a tomar medidas. A Xunta critique por exemplo que o Ministerio non aceptase area de Laxe para a "recarga" da praia do Orzán na Coruña.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios