Venres. 19.04.2024
El tiempo

Doble bandeira, doble promoción, doble esixencia e máis recortes

Doble bandeira, doble promoción, doble esixencia e máis recortes
A Bandeira Azul da Boca do Rio implica moitos servizos e moitas esixencias a pesar dos recortes

Carnota é o único Concello da Costa da Morte (con Carballo) que ten dúas praias con Bandeira Azul. Mar de Lira e Boca do Río locen este verán este distintivo de calidade. Se ben non imos ser nós os que defendan a capa e espada o significado, a independiencia e a importancia deste sinal, si damos conta do que implica.

Duchas, servizos, acceso para minusválidos ou socorristas son algunhas dos servizos que ten que ofrecer unha praia con bandeira. E as de Carnota os ofrecen. A pesar dos recortes.

I é que debido a situación económica-social dos recortes que está a sufrir a Administración e as dificultades para financiar os servizos, o Concello de Carnota, segundo as directrices dadas por ADEAC- Fee, acaba de distribuir os recursos dispoñibles entre as dúas praias.
Por un lado mantense a bandeira na Boca do Rio con tódolos servizos e un nº de socorristas aprobado por ADEAC, e en Mar de Lira dótase de tódolos los servizos e mántense os servizos de socorrismo, pero sen os mínimos esixidos polo Comité Nacional de Bandeira Azul.

Así, en total hai 5 persoas para as 2 praias máis o grupo de Protección Civil. Ademais, o servizo de lancha acuática mantense operativo, con base en Boca do Río e patrulla por todo o contorno da praia de Carnota e, para fortalecer os servizos humanos, reforzanse con máis presenza de voluntarios de Protección Civil, sobre de todo en Mar de Lira dotada de menos nº de socorristas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios