Víctor Basante leva Premio ao Cociñeiro do Ano

Recibía hoxe con gran alegría Víctor Basante, no marco da primeira xornada do Fórum Gastronómico A Coruña, o Premio Cociñeiro Galego do Ano 2025. O responsable do Restaurante Arrueiro de Laxe impúxose aos 5 finalistas, nun ateigado recinto de Expo Coruña.

Gran nova para a gastronomía da Costa da Morte, que volve demostrar o seu potencial.

Víctor Basante (Arrueiro, Laxe, A Coruña)

De raíces bercianas, pero namorado de Laxe desde ben pequeno, a súa vocación pola cociña espertouse cando tiña 18 anos. Estudou en Coruña e, despois de pasar por cociñas de hoteis e restaurantes de Galicia, Baleares e Canarias, en 2019 abriu o seu primeiro restaurante: A Pracería. Agora, en Arrueiro quere ofrecer un enfoque máis persoal. Un restaurante pequeno cun ambiente relaxado que permite desenvolver unha cociña con mimo, detalle e sensibilidade. Estar máis presente, poder falar co cliente e ofrecer un trato próximo e familiar. Propón unha viaxe de 6 pases cara á autenticidade, menú gastronómico co produto como protagonista e que varía segundo a tempada e o mercado.

Máis novas gastronómicas