sábado. 07.12.2024
El tiempo

O Retiro da Costiña convírtese no terceiro restaurante galego con 2 Estrellas Michelín

Manuel Garcia do Retiro da Costina levando 2 Estrellas Michelin 2
Manuel García do Retiro da Costina recibindo a camisa coas 2 Estrellas Michelín na Gala de onte
O Retiro da Costiña convírtese no terceiro restaurante galego con 2 Estrellas Michelín

Galicia conta con 17 restaurantes con Estrella Michelín. Só 3 conta con dúas estrellas, e un deles é, dende onte, o Retiro da Costiña de Santa Comba. O restaurante xalleiro, que cumple este ano 85 anos e súmase así aos Culler de Pau, de O Grove, e Pepe Vieira, en Raxó, con esta doble distinción.

Foi o chef e alma do complexo familiar, Manuel García, o que subiu onte na Gala a recibir a camisa coas dúas estrellas cheo de emoción, mentres o xurado valoraba a “experiencia gastro-sensorial” que ofrecen dende o corazón de Santa Comba.

Así, o Retiro, ademais de ter xa 2 Soles, suma este importante recoñecemento.

Outro dos grandes triunfadores da noite foron Guzmán e Fernándo Rodríguez, do Restaurante O Secadeiro, na Serra de Outes, que recibiron a Estrella Verde, por "tratar ben a terra, o produto e traballar coa maior naturalidade posible”.

As estrellas da comarca

Na comarca temos dous restaurantes con 1 Estrella Michelón, As Garzas, de Malpica; e o fisterrán O Terra, conseguido o ano pasado.

Na provincia, se ben o único con dúas estrellas é o restaurante xalleiro, tamén teñen unha estrella Casa Marcelo (Santiago); A Tafona (Santiago), Árbore da Veiga (Coruña), O’Pazo (Padrón) e o Simpar (Santiago), que recibiu o seu primeiro recoñecemento esta pasada noite.

Novas relacionadas

Comentarios