Alertan dunha vaga de roubos nos miradores de Malpica
”Outro máis”, respondían os corpos de seguridade ante a denuncia dunha moza de Santa Comba que pasaba o día pola costa de Malpica. Foi o pasado luns, arredor das 13:00h, cando visitando a zona de Santo Hadrián, a parella xalleira deixaba o coche orillado na cuneta que hai preto do mirador natural ás Illas Sisargas, xusto embaixo dun poste eléctrico que hai a apenas 50 metros das rochas.
“Foi o tempo que leva baixar do coche ir ata o mirador e voltar, nin 5 minutos de reoloxo e xa estaba a ventaniña rota”, relata. Alguén levara unha mochila de chica negra de pel, cun moedeiro de corcho típico portugués que tiña o carnet de conducir e 90€; dous libros, unhas gafas dentro dunha funda beis e o móbil oneplusplus negro con funda.
Ao facer a denuncia, o Garda Civil de turno deu a entender que xa coñecían o “modus operandi” (forzar a ventaniña cun desparafusador) pois é frecuente e mesmo hai indicios de quen pode ser.
Un caso que se produciu a plena luz do día, nunha zona chea de turistas e dun xeito moi rápido. Por iso, a xalleira non entende que “non haia un aviso de que pode haber roubos”
Igualmente a xalleira solicita a aqueles deportistas e amantes da natureza que pasen pola zona, se atopan as súas pertenzas que se poñan en contacto con QPC para poder devolvelas, ou que as leven ás dependencias da Garda Civil ou Policía Local.
Novas relacionadas
- Maio 2017: Deteñen o suposto autor do roubo de Rocca entre outros delitos.
- Maio 2017: 4 detidos por varios roubos en Bergantiños.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
- Decembro 2016: Detido en Cee por 3 delitos tras intentar fuxir dun control de Tráfico.
- Artigo de Rosaura Romo: Máis alá do delito.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).