Luns. 06.05.2024
El tiempo

Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba

Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba
Un novo detido en Carballo pola súa suposta implicación en varios roubos ocorridos en Muros e Santa Comba o pasado día 8 de abril. A Garda Civil de Carballo detíñao nesta mañá de martes 18 de abril. Os propietarios denunciaron no mesmo día un modus operandi semellante nos 5 roubos, rompendo as portas dos turismos para posteriormente subtraer diferentes obxectos do interior. Debido ás investigacións practicadas pola Garda Civil púidose identificar e localizar ao autor dos roubos; realizada unha inspección nun vehículo da súa propiedade achouse na súa interior multitude de obxectos que coincidían cos subtraídos e que foron recoñecidos posteriormente polos lexítimos propietarios. Por este motivo procédese á detención deste varón, ao que se lle imputa a comisión de cinco delitos de roubo con forza, dando conta das dilixencias practicadas ao Xulgado de Instrución de Garda de Carballo

Novas relacionadas

Fonte

  • Garda Civil.

Comentarios