sábado. 07.06.2025
El tiempo

Alertan dunha vaga de roubos nos miradores de Malpica

Alertan dunha vaga de roubos nos miradores de Malpica
O Miradoiro das Illas Sisargas, ademais de ser o picadero municipal, sofre o acoso dos ladróns O Miradoiro das Illas Sisargas, ademais de ser o picadero municipal, sofre o acoso dos ladróns

”Outro máis”, respondían os corpos de seguridade ante a denuncia dunha moza de Santa Comba que pasaba o día pola costa de Malpica. Foi o pasado luns, arredor das 13:00h, cando visitando a zona de Santo Hadrián, a parella xalleira deixaba o coche orillado na cuneta que hai preto do mirador natural ás Illas Sisargas, xusto embaixo dun poste eléctrico que hai a apenas 50 metros das rochas.

“Foi o tempo que leva baixar do coche ir ata o mirador e voltar, nin 5 minutos de reoloxo e xa estaba a ventaniña rota”, relata. Alguén levara unha mochila de chica negra de pel, cun moedeiro de corcho típico portugués que tiña o carnet de conducir e 90€; dous libros, unhas gafas dentro dunha funda beis e o móbil oneplusplus negro con funda.

Ao facer a denuncia, o Garda Civil de turno deu a entender que xa coñecían o “modus operandi” (forzar a ventaniña cun desparafusador) pois é frecuente e mesmo hai indicios de quen pode ser.

Un caso que se produciu a plena luz do día, nunha zona chea de turistas e dun xeito moi rápido. Por iso, a xalleira non entende que “non haia un aviso de que pode haber roubos”

Igualmente a xalleira solicita a aqueles deportistas e amantes da natureza que pasen pola zona, se atopan as súas pertenzas que se poñan en contacto con QPC para poder devolvelas, ou que as leven ás dependencias da Garda Civil ou Policía Local.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios