O antes e despois das obras de humanización que a Xunta acaba de rematar en Malpica

Arriba á esquerda o proxecto inicial, abaixo o "antes" e á dereita o resultado final

A Xunta entrega este luns 18 de maio ás obras de humanización das rúas do centro de Malpica. Unhas obras presentadas en 2018 como unha auténtica revolución da imaxe da vila mariñeira. Despois de varios retrasos e a imposibilidade de levar a cabo peticións municipais como enterrar o cableado eléctrico, completáronse estas obras de reordenación da sección transversal da estrada AC-418 nos seus últimos 300 metros, no treito urbano. A vía abrirase ao tráfico arredor das 10,00 horas, restando só pequenos remates de mobiliario urbano e de sinalización.

Un total de 570.000€ para mellorar o firme, renovar as redes de saneamento, e as pluviais (quedou pendente a separación nalgún treito), e estreitar un pouco a calzada para destinar ese espazo a beirarrúas máis anchas para os peón.


Antes e despois das obras de humanización en varios puntos

Novas relacionadas