Reinician as obras de humanización do centro de Malpica sobre o proxecto inicial

Volveron a traballar os operarios das obras de “Mellora e humanización da AC-418”, entre os puntos quilométricos 16+070 e 16+350. Estes días de pouco tráfico están a executar o segundo e último tramo da obra, e nalgúns punto hormigonando xa o pavimento da rúa, de modo que no mes de maio pode estar a obra terminada se non hai novas incidencias coa execución de obras.
A problemática do tráfico pesado, que non podía chegar ata o cabo da vila, está solucionado todo cun camión lanzadera que superan a zona do porto que comunica a Lonxa coa dársena, para que non teñan que pasar os camións grandes por esa vía sustentada en alicerces.
O que non se puido solventar a tempo foron as deficiencias no proxecto que pedira o Concello no mes de febreiro. O pleno pedíalle á Xunta incluír no proxecto o soterramento do cableado e a completa separación de pluviais, para non cargar demasiado á depuradora con augas limpas.
Segundo fontes municipais o soterramento do cableado foi imposible porque “retrasarían a obra ata setembro-outubro, ocupando todo o verán”.
Sobre a separación de pluviais, sinala que boa parte da zona en obras xa a ten, e que quedaría un tramo que vai para o porto, que se vai contemplar no futuro.
Novas relacionadas
- Febreiro 2020: Malpica, pendente das obras de humanización e pide á Xunta a resolución das deficiencias do proxecto.
- Novembro 19: As obras de humanización da entrada de Malpica durarán 4 meses.
- Abril 19: As obras de humanización da entrada de Malpica retrásanse ata setembro e estarán listas antes de final de ano.
- Febreiro 18: Malpica presentou as importantes obras de humanización da súa entrada, que comezarán en verán.