O BNG recolle sinaturas en Malpica e Buño para a ILP pola Sanidade Pública
14 de outubro de 2022 (13:30 h.)
Estase a politizar a Iniciativa Lexislativa Popular da Plataforma SOS Sanidade Pública. Desta volta é o BNG de Malpica o que se une á recollida e vai organizar dous acto informativo con sendas mesas de recollida de sinaturas este sábado 15 pola mañá na Rúa Anselmo Villar de Malpica, e o martes 18 ás 08:30 no centro médico de Buño.
Máis novas sobre recortes
- Setembro 22: A Plataforma Pediatras e Matronas Xa! xa recolle sinaturas na comarca para a ILP de SOS Sanidade Pública.
- Agosto 22: Comeza a colleita de sinaturas para a ILP que vai salvar e fortalecer a Atención Primaria.