Comeza a colleita de sinaturas para a ILP que vai salvar e fortalecer a Atención Primaria

As Plataformas que integran SOS Sanidade Pública veñen de arrincar a campaña de recollida de sinaturas para facer realidade a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). As rúas de Santiago acollían esta primeira e simbólica mesa de recollida que percorrerá o país para demostrar que a veciñanza galega quere unha sanidade pública de calidade.
Unha ILP que chega ante os eternos recortes da Xunta de Galicia, reducindo á metade o persoal en espazos como os Centros de Saúde e PAC, e que buscará que Parlamento de Galicia debata e aprobe unha serie de medidas para rescatar e fortalecer a Atención Primaria: "Incrementar e dimensionar o persoal, priorizar a atención presencial, reabrir os centros e PAC pechados, dar partición á poboación e traballadores na planificación e xestión dos centros, ou acabar coa precariedade laboral do persoal".
Cómpre conseguir milleiros de sinaturas, polo que piden a colaboración de todas a poboación e das organizacións sociais, profesionais, sindicais e políticas nesta Iniciativa.
MÁIS NOVAS SOBRE RECORTES EN SANIDADE
- Xuño 22: As Plataformas presentan unha ILP para crear unha lei que salve a Atención Primaria
- Maio 22: SOS Sanidade Pública: Feijoo deixa nunha profunda crise a Sanidade Pública Galega.
- Xuño 22: O Sindicato SAE denuncia que o HVdX dispensa medicación sen supervisión farmacéutica.
- Xuño 22: A Consellería de Sanidade nin responde á Valedora do Pobo sobre a falta de psiquiatra no HVdX.
- Agosto 22: Denuncian unha solución urxente para a falta de persoal no Hospital de Cee