Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Plataforma Pediatras e Matronas Xa! xa recolle sinaturas na comarca para a ILP de SOS Sanidade Pública

Vanessa Viquendi recollendo sinaturas
Vanessa Viquendi recollendo sinaturas
A Plataforma Pediatras e Matronas Xa! xa recolle sinaturas na comarca para a ILP de SOS Sanidade Pública

Este domingo, o colectivo "Pediatras e Matronas Xa" sacou á rúa a súa mesa para a recollida de sinaturas da Iniciativa Popular promovida por SOS Sanidade Pública sobre medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria en Galicia. Máis ben, tívoa que meter dentro do Centro de Saúde, por mor das condicións meteorolóxicas, pero a resposta da veciñanza foi moi positiva.

A presidenta do colectivo, a fisterrá Vanessa Viquendi, fai partícipe á nosa comarca nesta loita que xa se iniciou en toda Galicia. Dado que a presentación da campaña foi o pasado mes de agosto, a conciliación impediu que a recollida fose máis visible, pero dende que comezaron o cole as crianzas, as bravas activistas comezarán a deixarse ver e pedir a colaboración da cidadanía máis a miúdo.

De feito, esta semana estarán en:

  • Fisterra: martes 27 de setembro, no mercado semanal.
  • Muxía: venres 30 de setembro, no mercado semanal.

Máis novas sobre recortes

Comentarios