O BNG recolle sinaturas en Malpica e Buño para a ILP pola Sanidade Pública
13:30 14/10/22
Estase a politizar a Iniciativa Lexislativa Popular da Plataforma SOS Sanidade Pública. Desta volta é o BNG de Malpica o que se une á recollida e vai organizar dous acto informativo con sendas mesas de recollida de sinaturas este sábado 15 pola mañá na Rúa Anselmo Villar de Malpica, e o martes 18 ás 08:30 no centro médico de Buño.