Novas datas e localizacións para as citas malpicás do Orballo Cultural
Volve o tempo repercutir na programación do Orballo Cultural. Pero xa non lle colle de novas á produtora costeira (xa tivo que interrumpir a idílica actuación de Baiuca nas Torres de Altamira e adiar os concertos do Forum Carballo) que xa modificou as datas das citas que tiña previstas para esta fin de semana en Malpica. A predición de chuvia obríagos a retrasar ata o vindeiro venres 9 de xullo as citas formuladas para este sábado 3.
Deste xeito, a banda carballesa Apart e o noso picadiscos, o carballés DJ Maikel será o venres 9 de xullo, no máxico lugar de Santo Hadrián, ao carón da ermida.
Ademais, Fabulous Resaca Brothers e Garbayo será o domingo 11, mentres que o sábado 10 será o día adicado ao techno, cunha sesión que se emitirá poas redes en streaming, cos djs Fer Br, Bárbara Lago, BLVCKR e Zars B.
As entradas (hai máis das esperadas) póñense á venda este venres 2 ás 12:00h en orballocultural.gal.
Novas relacionadas
- A música voltou a soar, gracias ao Orballo Cultural.
- #SoandoconForza: As actuacións máis destacadas do San Xoán de Carballo.
- Verto: "Queremos derribar esa barreira, cada vez máis superada, de que a música en galego ten un tipo de son establecido”.