Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Orballo Cultural tamén volve ao Parador

Orballo Cultural do Parador Muxia 2021
O Orballo Cultural tamén volve ao Parador

Xa vimos que o Orballo Cultural é un dos festivais da Costa da Morte que se saben adaptar á situación. Xa coñecemos as citas no Forum Carballo e en Portocubelo e hoxe a produtora costeira presenta unha nova data.

Trátase do concerto, o vindeiro xoves 12 de agosto, de Mad Martin Acústico no Parador Costa da Morte.

A actuación anunciouse no instagram de Orballo xunto a un importante sorteo no que se ofrece unha dobre entrada, unha noite para dous con almorzo incluído no parador, e unha comida para dous no reputado restaurante “A lonxa D`Alvaro”.

Concerto do ano pasado do Orballo Cultural no Parador
O ano pasado xa se celebrou un concerto do Orballo Cultural no Parador

Non será a primeira vez que o festival cruce os seus camiños co novo establecemento turístico de referencia, xa que o ano pasado actuaron alí Quercus Blues, Antía Muiño e Maraya Zydeco. Pero esta vez apostan polo rock & roll con Mad Martin Acústico, unha banda galega formada hai sete anos e que xa ten dado concertos por media europa. En 2015 foron os gañadores do Azkena Rock Party e prometen facer que “toda a xente remate bailando”.

As entradas sacaránse a venta nos vindeiros días. Ademais, hai que destacar que están a piques de esgotarse as dos eventos que farán en Carballo, onde actuarán, entre outros, SES, Tanxugueiras, Verto ou Xiao Berlai. Toda a información está na súa páxina web www.orballocultural.gal-.

 

Novas relacionadas

 

OUTRAS NOVAS DE MÚSICA

Comentarios