Venres. 19.04.2024
El tiempo

Verto: "Queremos derribar esa barreira, cada vez máis superada, de que a música en galego ten un tipo de son establecido"

Temos finde festivaleira coa estrea do Orballo Cultural 2021 tanto en Portocubelo como no Forum Carballo. Aínda queda algunha entrada en orballocultural.gal así que anímense.

Unha das bandas máis singulares da escena galega son Verto, que estarán o sábado no Forum carballés.

Verto e Fer son Verto banda galega
Berto e Fer son "Verto"
Verto: "Queremos derribar esa barreira, cada vez máis superada, de que a música en galego ten un tipo de son establecido"
  • QPC: Xa estivestes o ano pasado, de xeito virtual no Carballo Internplay (quedaranos na mente para sempre ese clip en bucle que usou o festival para as súas conexións). Como vivistes esa experencia?

Daquelas non estabamos tan curtidos en entrevistas como agora, e o concepto da entrevista dunha hora por streaming lembro que nos tiña un pouco nerviosos os días antes, mais ao final saiu moi guai e, aínda que por un lado foi unha pena non poder dar o concerto, lembro que andábamos con exames e que tamén nos sacou bastante presión de enriba para eses días.

 
  • QPC: En "vivo", de calquera xeito, é a primeira vez que tocades na Costa da Morte?

Así é, este verán temos a idea de movernos moito por Galiza e aproveitar iso para visitar os sitios aos que imos. Ao final nós até agora levaremos xa uns 9 concertos dados en toda a nosa vida e todavía non tivemos a ocasión de tocar en moitos sitios.

 
  • QPC: Tendes algunha vinculación coa bisbarra?

Eu (Fer) teño un tío de Carballo que sempre presume de ser de aí, e lembro que fai bastante tempo estiveramos alí comendo e dando unha volta mais igual foi a única vez da miña vida que andiven por aí, foi fai bastante tempo e daquelas andaba sempre bastante empanao pola vida (tampouco vou dicir que agora non mais quizáis algo menos jajaja), polo que non me lembro de nada e teño ganas de estar alí de novo.

 
  • QPC: Que esperades do público costeiro?? Polo que sabemos nós creo que vai haber expectación por vervos en acción?

Non esperamos nada, procuramos non ir con expectativas por tampoco ir con arrogancia ou darnos excesiva importancia (tamén é unha especie de "contragafe"). Nós imos tentar animar á xente o máximo posible e agardamos que haxa xente que xa sexa afín ao noso rollo, mais se non a houbese tamén queremos saber adaptarnos a esa clase de situacións e intentar que sexa sempre o máis disfrutable posible para a maior cantidade de xente posible.

 Verto e Fer son Verto banda galega 2
  • QPC: Para coñecervos un pouco mellor, falamos de dous estudantes de medicina que un bo día se deciden a compoñer temas. Como foi ese comezo?

O comezo de nós como amigos foi o primer día de clase, entre as distintas persoas que coñeces nas primeiras semanas da uni Berto e eu tivemos bastante afinidade e xa estivemos no mesmo grupo de amigos dende o inicio e tivemos sempre moita confianza. O inicio da música foi rematando o verán do 2019 cando Berto voltaba a Santiago para o inicio do curso e quixemos probar a facer unha canción cun estribillo que se lle ocorrera días atrás (e ese era o estribillo de amolecer). Ós noses amigues gustáronlle moito os temas e comezamos a pensar en Verto coma un produto que podía entrar na industria musical e ter a maiores unha función de normalización da lingua ao soar o máis parecido posible ás cancións pop da radio en inglés ou español mais estando na lingua da nosa terra.

 
  • QPC: Vindo xa ao musical, Verto ten dúas almas o funk e o disco dos oitenta e o perreo máis trapero do 2020. Pode ser?

É certo que a etiqueta trap nunca foi a máis axeitada para nós, debido a que co tempo foise collendo a idea de que o trap era autotune e vai moito máis alá diso, ainda que sí usamos elementos dese xenero música en moitas das nosas cancións. Embora (o noso último álbume) é un disco que indudablemente bebe moitísimo do funk e da música disco dos 80, esa era a idea central do proxecto, quizais sigamos tirando por ahí ou quizais logo saiamos cun disco de techno, reggaeton ou funkie brasileiro, o tema é que nos gusta ir probando sonidos distintos e quizáis o que máis una os nosos temas é que estan feitos para ser pegadizos e escoitables por un público o máis amplo posible.

 
  • QPC: Din que o voso éxito vén de adaptar os sons de éxito máis globais -trap, dembow- ao sentimento máis particular -a lingua materna-. Védesvos representados aí?

Dende logo, para nós foi dende un principio o foco do proxecto e é no que baseamos todo. Queremos derribar a barreira que durante un tempo parecía que existía (e agora penso que xa está cada vez máis derribada) de que a música en galego ten un tipo de sonido establecido e que o idioma é unha barreira intraspasable para chegar ás grandes masas.

Novas relacionadas

Comentarios