O Nordestazo invita á rapazada a disfrutar do Rock cun Taller de miniDj e un concurso de AirGuitar
O mediodía do sábado 25 convertirá o Paseo Marítimo de Malpica nunha gran festa do Rock&Roll con estas dúas actividades gratuitas, que se unen ao posto de customización de camisetas e ao concerto de Los Chavales en sesión vermú.
A noite do 25 de xullo será sen dúbida a gran festa do rock&roll en Malpica, coa chegada da VII Edición do Nordestazo, un cartel no que podemos atopar grandes figuras consagradas como Los Suaves na súa xira de despedida, Siniestro Total ou Silvia Superstar Dj Set, e bandas emerxentes en alza, como Sés ou Bala.
Pero a festa, como nos contaba Santi Romay, da organizadora AC Tralla, comezará antes, dende o mediodía, cando o Paseo Marítimo de Malpica se transformará no escenario de múltiples actividades. Ás xa anunciadas clases de surf a kayak a cargo de SilfoSurfCamp, o concerto de Los Chavales e o posto de customización de camisetas, únense agora dúas novas propostas pensadas para que grandes e cativos disfruten dunha auténtica festa do rock&roll.
Taller MiniDjs a cargo de Antón Dj
Os máis pequenos da casa poderán achegarse até o taller de MiniDjs, unha actividade pensada para que a música sexa a segunda gran protagonista, deixando paso aos seus talentos. A partir dos 6 anos todos aqueles que o desexen poderán poñerse nas mans de Antón Dj e aprender todos os trucos para crear sons incribles.Concurso de Air Guitar
E se o teu e o escenario e non os platos, poderás participar no concurso de Air Guitar. Demostra o teu talento coa guitarra (invisible) desplegando todas as túas artes antes un xurado de excepción, composto por membros da Tralla, Producciones Audiovisuales 15004 e algúns dos artistas do cartel do Nordestazo 2015. O gañador do concurso recibirá unha camiseta oficial do festival.A Camisola
Máis información
Novas relacionadas
- Santi Romay: “O Nordestazo Rock trae a moita xente a descubrir Malpica”.
- Los Suaves e Siniestro Total gastarán as nosas gorxas no Nordestazo 2015.
- Herdeiros da Crus, Soziedad Alkoholika e El Drogas, cabezas do Castelo Rock 2015.
- Nordestazo 2014: Los Enemigos volveron encher de míticos o Nordestazo Rock de Malpica.
- Nordestazo 2013: Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll.
- Nordestazo 2012: O Nordestazo xa é de Primeira División.
- Nordestazo 2010: O Nordestazou fixo tremer o porto de Malpica .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).