Herdeiros da Crus, Soziedad Alkoholika e El Drogas, cabezas do Castelo Rock 2015


Menudo estirón que pega o Festival Castelo Rock na súa XII edición do 2015. Unha edición con dous día de concertos, 7 e 8 de agosto na Praia do Castelo en Muros, que xa nos desvela os primeiros nomes desta edición encabezada por Soziedad Alkoholika, El Drogas e Heredeiros da Crus, ademais de Arrhytmia. As entradas xa están á venda en www.castelorock.com, se ben a presentación oficial que terá lugar ou luns 27 ás 13:00 horas non salón de plenos do Concello de Muros cos responsables do concello e a ACRD Praia do Castelo, e algunha sorpresa.
Esta 12ª edición chega co claro obxectivo de consagrarse entre os grandes festivais de Galicia, e por iso aposta por un dos mellores carteis da súa historia. A presente edición contará de novo con dous días de festa, máis de 8 grupos de primeiro nivel e bandas emerxentes, zona de acampada, actividades infantís, pasacalles, mercadillo e moitas máis sorpresas que converterán ao festival nunha experiencia inesquecible.
3 bandas estas das que pouco se pode dicir que non coñezamos. Dúas grandes bandas do panorama de coiro español, en escena dende os anos 80, e cunha carreira tremenda. E unha banda, os HDC, símbolo de toda unha xeración da que probablemente está formada toda a canteira do Castelo Rock. Moitas gañas hai de velos dende aquel Nordestazo 2012 no que os Herdeiros conseguiron ascender o festival a 1ª División, e do que aquí deixamos constancia por partida doble.
Máis información
O bono de dous días poderá adquirirse por 12€ nos diferentes puntos de venda e en www.castelorock.com dende xa. Aínda que o prezo de saída é este, irá subindo a partir da venda dos 1000 primeiros bonos.
- Facebook do Castelo Rock de Muros.
- www.castelorock.com.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- O Castelo Rock xa ten data e recibe unha mellor axuda municipal.
- A Caverna de Muros dá a alternativa ás novas bandas da zona.
- Un par de dilleis nas cavernas de Muros.
- Maestro Romero, un par de músicos muradáns con pouca vergoña e moito sentimento.
- Terbutalina xa están ben peinados.
- Os Trapos Sucios, gañadores do Rock in Río Tea.
- Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
- De premio, a gravación dun disco.
- A Muerte con Terbutalina.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).