Moito máis que un sábado de percebes e rockandroll


Menudo sábado que vivíu Bergantiños. I é que completar a xornada cunha boa enchenta de percebes, "evitar a resaca manténdonos borrachos" (como rezaban algunhas das típicas camisolas da festa) e aguantar a ritmo de rockandroll ata a madrugada é tan cansado como agradecido.
Alá fumos, de Corme a Malpica, do percebe ao rockandroll para disfrutar dunha fin de semana de verán senporsen costeira:
Moito máis que unha festa de degustación do Percebe

Xa temos estado en Corme canda a Festa do Percebe, pero non deixamos de sorprendernos. Menudo festón!! Unha festa doble ademais, porque o percebe é moi importante, pero é que a mocidade enche a vila dun xeito espectacular facendo unha festa paralela polas rúas.
Por un lado temos aos maiores degustando o delicioso manxar, o rei do marisco, nas ateigadas carpas do porto. Impresionante as dimensións das carpas e impresionante ver como da cociña saen e saen racións de percebe, ata superar as 2.000, ou os máis de 700 kilos. Percebe do bo ademais, pois a pesar da baixada de capturas, este ano hai bo produto, e todos os que o probaron quedaron perfectamente satisfeitos.
Pola outra banda, as camisetas de cores agrúpanse por pandillas, e a mocidade fai a festa pola súa conta. Tremendo o ambiente en todo Corme, non só no porto, ao carón da verbena, senón por todos os bares, ateigados coma se dun sábado festexeiro de Santa Comba se tratase.
En fin, o que nos queda é evitar a resaca e manternos en pé ata a noite.



Un Nordestazo moi Loco


Contra as 22:00h comezaba a soar a música no porto de Malpica. A vila xa amosaba pola tarde un aspecto de festa, cun ambientazo por toda a zona da praia espectacular. Pero a xente esperou ata o final para entrar ao VII Nordestazo Rock. Soaron as míticas de Siniestro Total da man de Miguel Costas pero o público aínda prefería seguir tomando algo pola vila.
E subiu Corizonas ao escenario, unha das bandas mellor valoradas a nivel nacional, e que xurde da fusión entre Los Coronas e Arizona Baby. Nin dous pequenos apagóns amargaron o concerto. De feito, todo o contrario. O batería e o público encargáronse de manter o ambiente a tope, para rematar cunha boa explosión de son.

Foi Loquillo o que certificou que o Nordestazo, se o ano pasado subía a primeira división, esta temporada xa xoga na Champions, mesmo cos estudios de Estudio3 da RadioGalega retransmitindo en directo e con 3.000 persoas cantando da primeira á última as letras das míticas cancións da banda. Xa case non cabía un alma no porto cando comezou a soar "La Mataré" e o peirao case vén para abaixo con "Feo, fuerte e formal", que a pesar de ser un tema dos últimos discos é dos máis cantados.
Pero sen lugar a dúbidas, o peche foi o máis espectacular. A entrega do Loco e do seu pedazo de banda foi total, pero o despliegue de forza, de "rockandroll actitud" á hora de cantar o "Cadillac Solitario" deixou ao público completamente exhausto. Xigante.
Non acabou aí a noite, que seguiu durante horas nocturas con música e moita festa.

Máis información
Novas do Nordestazo
- 2012: O Nordestazo xa é de Primeira División.
- Nordestazo 2010: O Nordestazou fixo tremer o porto de Malpica .
Galerías das Festas do Percebe do Roncudo
- Festa 2012: 20 anos de percebes e festa en Corme.
- Festa 2011: Corme esgotou cos 1.000 quilos de percebes do Roncudo.
- Festa 2010: A Festa do Percebe non nota a crise.
- Festa do Percebe do Roncudo 2009: 6.000 persoas disfrutaron do mellor Percebe do Roncudo.
- Festa do Percebe do Roncudo 2008: A Festa do Percebe do Roncudo volveu ser un referente en todo o país.
Máis novas
- Entrevista co vicepatrón de Corme: “O percebe segue resistindo, a pesar de que as capturas baixaron tralo Prestige nun 80%”.
- Entrevista a Paula Pombo: “A forza coa que rompe o mar no Roncudo fai que o noso percebe sexa o rei”.
- Unha tarde cos percebeiros de Laxe.
- Percebeir@s a ritmo do mar.
- Unha homenaxe, en vídeo, á figura de percebeiro.
- Unha nova documental pechará a triloxía sobre o mar de Laxe.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).