Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Nordestazo invita á rapazada a disfrutar do Rock cun Taller de miniDj e un concurso de AirGuitar

O Nordestazo invita á rapazada a disfrutar do Rock cun Taller de miniDj e un concurso de AirGuitar
A Tralla organiza un concurso de AirGuitar no Nordestazo de Malpica

O mediodía do sábado 25 convertirá o Paseo Marítimo de Malpica nunha gran festa do Rock&Roll con estas dúas actividades gratuitas, que se unen ao posto de customización de camisetas e ao concerto de Los Chavales en sesión vermú.

A noite do 25 de xullo será sen dúbida a gran festa do rock&roll en Malpica, coa chegada da VII Edición do Nordestazo, un cartel no que podemos atopar grandes figuras consagradas como Los Suaves na súa xira de despedida, Siniestro Total ou Silvia Superstar Dj Set, e bandas emerxentes en alza, como Sés ou Bala.

Pero a festa, como nos contaba Santi Romay, da organizadora AC Tralla, comezará antes, dende o mediodía, cando o Paseo Marítimo de Malpica se transformará no escenario de múltiples actividades. Ás xa anunciadas clases de surf a kayak a cargo de SilfoSurfCamp, o concerto de Los Chavales e o posto de customización de camisetas, únense agora dúas novas propostas pensadas para que grandes e cativos disfruten dunha auténtica festa do rock&roll.

Taller MiniDjs a cargo de Antón Dj

Os máis pequenos da casa poderán achegarse até o taller de MiniDjs, unha actividade pensada para que a música sexa a segunda gran protagonista, deixando paso aos seus talentos. A partir dos 6 anos todos aqueles que o desexen poderán poñerse nas mans de Antón Dj e aprender todos os trucos para crear sons incribles.

Concurso de Air Guitar

E se o teu e o escenario e non os platos, poderás participar no concurso de Air Guitar. Demostra o teu talento coa guitarra (invisible) desplegando todas as túas artes antes un xurado de excepción, composto por membros da Tralla, Producciones Audiovisuales 15004 e algúns dos artistas do cartel do Nordestazo 2015. O gañador do concurso recibirá unha camiseta oficial do festival.

A Camisola

Camiseta Nordestazo 2015 A camiseta oficial do Nordestazo 2015 xa está lista. Dende o vindeiro mércores 15 de xullo poderá atoparse á venda, ao prezo de 10€, nos puntos de venda físicos de A Coruña e Malpica. Un deseño en negro e branco que conmemora esta séptima edición e que poderá adquirise tamén o día do festival nos puntos de venda autorizados dentro do mesmo. Para todos aqueles que os desexen, o Nordestazo propón tamén unha oferta especial cun pack de entrada e camiseta por 25€ (3€ de aforro) que poderá adquirirse dende o mércores 15 de xullo nos puntos de venda físicos de A Coruña e Malpica.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios