A picante Cea das Letras deu a coñecer a nova gañadora do Certame de Poesía Erótica

Distendida Cea das Letras en Malpica 2019

O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é un certame único en España. De aí que a 14ª edición deste certame convocado pola A.C. Caldeirón, sexa todo evento, que merece unha emocional Cea das Letras para dar o veredito. O pasado venres tiña lugar esa simbólica cea, que ademais de presentar o libro editado da obra gañadora o ano pasado, serve para coñecer a nova gañadora.

A obra escollida foi ‘Peixes que esvaraban ao unísono’, de Remedios Fernández, que toma o relevo de Mario Regueira como gañador do certame. Así o ditaminou, entre as 33 obras presentadas, o xurado composto Tamara Andrés, Mario Regueira e Leticia Varela, concelleira de Cultura do Concello de Malpica.


Paco Souto, Walter Pardo, ​Remedios Fernández e Leticia Varela

Segundo este, “a proposta contén unha visión plural do amor, apoiada na ambigüidade dun eu poético que consegue sobordar o tópico da parella de namorados para ofrecer interpretacións poliédricas e deshinibidas da paixón”.

A distendida e pícara cea deixou moitas anécdotas para o patrimonio inmaterial malpicán. Non faltaron as filloas nin os chocolates con formas fálicas...

Novas relacionadas

Máis novas de poesía