A picante Cea das Letras deu a coñecer a nova gañadora do Certame de Poesía Erótica
O Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas é un certame único en España. De aí que a 14ª edición deste certame convocado pola A.C. Caldeirón, sexa todo evento, que merece unha emocional Cea das Letras para dar o veredito. O pasado venres tiña lugar esa simbólica cea, que ademais de presentar o libro editado da obra gañadora o ano pasado, serve para coñecer a nova gañadora.
A obra escollida foi ‘Peixes que esvaraban ao unísono’, de Remedios Fernández, que toma o relevo de Mario Regueira como gañador do certame. Así o ditaminou, entre as 33 obras presentadas, o xurado composto Tamara Andrés, Mario Regueira e Leticia Varela, concelleira de Cultura do Concello de Malpica.
Paco Souto, Walter Pardo, Remedios Fernández e Leticia Varela
Segundo este, “a proposta contén unha visión plural do amor, apoiada na ambigüidade dun eu poético que consegue sobordar o tópico da parella de namorados para ofrecer interpretacións poliédricas e deshinibidas da paixón”.
A distendida e pícara cea deixou moitas anécdotas para o patrimonio inmaterial malpicán. Non faltaron as filloas nin os chocolates con formas fálicas...
Novas relacionadas
- 2018: A Cea das Letras, o emotivo punto de encontro da poesía erótica galega.
- 2017: As Letras Eróticas tamén homenaxean a Paco Souto.
- 2016: Xavier Queipo, gañador do XI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas.
- 2016: O Certame de Poesía Erótica de Malpica, unha colección única.