As Redeiras do Peirao manteñen a axuda da Xunta
27 de xaneiro de 2020 (11:44 h.)
13.000 € de colaboración mantén a Xunta coa Federación ‘O Peirao’, para facer fronte a gastos derivados da súa actividade e para investimentos que redunden na mellora da competitividade deste colectivo. A entidade, sita en Malpica, poderá afrontar así gastos de contratación de persoal, amortizacións ou arrendamentos, gracias aos dous convenios asinados pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a presidenta da Federación ‘O Peirao’, Verónica Veres.
Outra das liñas subvencionadas será a implantación de novas tecnoloxías para facilitar a súa actividade e a organización de cursos e xornadas de temáticas de interese deste sector.
Novas relacionadas
- Novembro 19: Unha exposición de fotos amosa en Mapica o traballo artesán das redeiras,
- Rosa, redeira e artesá: "Non podemos traballar aos 65 anos collendo pezas que pesan ata 50 quilos”.
- Rita Míguez (Anmupesca): "Temos que mecanizar o mar”.