As Redeiras do Peirao seguirán contando co apoio da Xunta para os seus gastos fixos

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, presidirá a sinatura dun convenio de colaboración coa Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao. Foto-Xoán Crespo

Dúas subvencións por unvalor de 13.000€ recibirán, de novo, a Federación de Redeiras O Peirao para facer fronte a gastos derivados da súa actividade (arredamentos e gastos de persoal) e para investimentos que contribúan a dar visibilidade a este colectivo.

Así o ratificaban o pasado venres, a presidenta da federación de redeiras, a malpicá Verónica Veres, coa directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

Mentres segue viva a campaña para promover a actividade de redeira coa finalidade de fomentar a remuda xeracional, como facían a finais do pasado ano co seu documental.

Novas das redeiras