Un repaso ao estado de saúde das rúas de Canido
20 de agosto de 2013 (09:20 h.)
Seguen varios veciños de Malpica enviándonos imaxes a modo de queixas á redacción de QPC. Xa nos denunciaban a aparición dunha favela en Malpica, reiteraron a petición da rexeneración da praia de Canido e ata nos describiron a cruz de vivir na Atalaia. Hoxe voltamos pola zona de Canido, onde segundo denuncian estes veciños, hai moitas cousas "mellorables".
Zonas pouco acondicionadas e mesmo abandonadas, lixo mal recollido, baches e zonas de estrada moi deterioradas, grietas nas vivendas, solares esquecidos a pé de praia... Son varias as imaxes que demostran que hai zonas que se poden mellorar.
Novas relacionadas
- Unha favela en Malpica.
- 30 anos pedindo a rexeneración da praia de Canido.
- A cruz de vivir na Atalaia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).