Venres. 19.04.2024
El tiempo

A cruz de vivir na Atalaia

A cruz de vivir na Atalaia
Atalaia de Malpica-Foto- Fran Varela Saleta

Hoxe recibimos unha carta dunha veciña de Malpica. Unha veciña que vive na Atalaia de Malpica, aló enriba, entre as estreitas rúas que rodean o porto. Un lgar que ten moitas caras, pero que ten moitas cruces tamén

Mar explícase, para que se lle entenda ben, antes de lanzar a carga: "Que quede claro que a miña queixa non é contra os veciños, que sempre están dispostos a mover os seus coches e a facer sitio uns aos outros, senón contra as Administracións, que nunca se preocuparon desa zona, porque como non é turística "non se ve"".


Carta de Mar Pérez Negreira

Fai tempo que me sinto desprotexida, polo Estado, pola miña Autonomía, polo meu Concello... Tamén recoñezo que non me movo moito entre as institucións, pero talvez é o momento de cambiar e de esixirlles máis. Póñovos un exemplo: a miña nai ten unha casa en Malpica, concretamente na Atalaia, que é algo así como unha illa estraña no medio da nada, que só existe para gañar votos e cobrar impostos.

O caso é que a miña nai paga o seu vao desde fai anos, e efectivamente, ninguén aparca diante do noso vao. PERO, o problema é o acceso ao noso vado: á estreiteza e dirección única das rúas que nos levan a casa hai que engadir que non serven de nada as liñas amarelas. Prohibido aparcar! é unha broma para os turistas que, ano tras ano, deixan os seus coches en lugares insospeitados...!

Subir á Atalaia co coche, aínda que pagues un vado, é unha auténtica tortura, por iso eu déixoo sempre no porto, e subo a pé. Pero hai pouco souben que unha nova veciña protestou e conseguiu que non aparquen na súa porta. E alégrome, porque queda máis sitio para pasar (Chapeau para ela): pero ese non é o problema.

A Atalaia é un lugar difícil, mal construído, en certo xeito sectario, con dificultades de acceso tan surrealistas como que arranxaron unhas escaleiras de tres metros de ancho e non deixaron unha soa rampla para carriños de nenos, cadeiras de minusválidos ou simples carros da compra.

Se vives na Atalaia (un dos mellores sitios que se me ocorren para vivir, por certo), tes que "jorobarte" e aguantar que as casas que se van rehabilitando pola rúa principal de acceso invadan casa vez máis a calzada, así que se me ocorre que ou se intenta pór un semáforo, ou un acceso exclusivo para residentes, ou unha parte preciosa do pobo irase ao garete.

Por favor, os que sodes veciños da Atalaia: Non credes que o barrio se merece unha boa atención? Esta fin de semana vin bolas de cemento no Campo para que os coches non aparcasen, e paréceme unha inxustiza respecto da Atalaia, pero eu non pido tanto. Si que pido, con todo chegar ao meu vado sen ter que facer miles de manobras nin rascar o coche cada vez que subo.

Supoño que os que vivides alí todo o ano non notades o problema, pero os que imos de cando en vez sentimos que a Atalaia é un barrio con moitas posibilidades (moita máis que O Ventorrillo, San Antonio e ata Canido): vivimos nun lugar excepcional, cunhas vistas magníficas, pero nos afogan o acceso e cada vez é máis difícil que suba unha persoa maior, unha embarazada, o carriño dun bebé ou, o que é máis importante, unha ambulancia!

O feito de que non poida subir unha ambulancia ou unha simple cadeira de rodas é gravísimo e converte aos veciños en cidadáns de segunda. Son consciente de que o pobo é caótico, e de que non se poden buscar solucións inmediatas, pero alguén debería comezar a planificalo con cabeza e ir dando pequenos pasos.

Eu creo que é importante protestar, presentar as túas suxestións e demandas, e intentalo polo menos. Existe unha Asociación de veciños na Atalaia? Se non é así, A alguén lle apetece participar para constituíla?

  • Carta de Mar Pérez Negreira.

Fonte

Comentarios