Martes. 01.12.2020
El tiempo

30 anos pedindo a rexeneración da praia de Canido

30 anos pedindo a rexeneración da praia de Canido
O areal de Canido precisa unha rexeneracion- Foto- Adrian Abella Choucino 1

Se hai pouco recibíamos as queixas dunha veciña da Atalaia de Malpica, hoxe baixamos ata o areal malpicán de Canido, onde Adrián Abella Touciño nos fala da necesidade de levar a cabo a re-xeneración. Unha petición que segundo asegura, xa levan realizando os veciños máis de 30 anos.

En Canido hai unha duna que "rompe" polo centro cada vez que chove (nestas fotos de que nos envía do día de onte só chovera durante 15 minutos). A canalización das pluviais ten varias solucións, case todas baratas e algunha practicamente gratuíta. Aparte de outras agresións ó areal coma os bloques de hormigón e rochas sobrantes da construción do paseo marítimo, as árbores mal coidadas, o alumeado desastroso, etc.

Dende que se fixo o paseo nos tempos de goberno municipal do Bloque, ata o goberno actual do PP & Cía, pasando polo anterior do PP e os 12 anos do PSOE con Varela & Cía… non se moveu un dedo dende o Concello, a pesar das denuncias que fixemos algúns veciños ó longo destes 30 anos. Tragsa, Demarcación de Costas, Augas de Galicia, Consellería e Ministerio de Medio Ambiente, Presidencia e Visepresidencia do Goberno... recibiron verbalmente ou por escrito propostas e denuncia de todo esto e máis... E menos mal que nas rochas da praia de Canido empeza o Lugar de Interese Comunitario L.I.C. Costa da Morte…

Pensaba seguir calado, pero esta campaña é peor que todas: tódolos partidos sen excepción teñen "dirixentes-avestruz", i é que parece que o mellor para gobernar ou querer gobernar é pechar os ollos ó que importa: a xente e o entorno no que/do que vivimos.

Ducias de miles de euros gastados nun paseo sombrío e sen servicios, na mellor praia urbana de Galicia. É normal en España. Pero moito menos grave que o do Gaiás ou os aeroportos.
Coherencia, Honestidade, Eficacia.

  • Carta de Adrián Abella Touciño.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios