luns. 12.05.2025
El tiempo

Un repaso ao estado de saúde das rúas de Canido

Un repaso ao estado de saúde das rúas de Canido
Deterioros varios na zona de Canido, en Malpica

Seguen varios veciños de Malpica enviándonos imaxes a modo de queixas á redacción de QPC. Xa nos denunciaban a aparición dunha favela en Malpica, reiteraron a petición da rexeneración da praia de Canido e ata nos describiron a cruz de vivir na Atalaia. Hoxe voltamos pola zona de Canido, onde segundo denuncian estes veciños, hai moitas cousas "mellorables".

Zonas pouco acondicionadas e mesmo abandonadas, lixo mal recollido, baches e zonas de estrada moi deterioradas, grietas nas vivendas, solares esquecidos a pé de praia... Son varias as imaxes que demostran que hai zonas que se poden mellorar.

Zonas esquecidas en Canido-Malpica O contedor de vidro sito ao carón da praia énchese con máis facilidade en verán

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios