Vieiro ofrece outro curso de Escola de Pais e Nais ás ANPAS de Bergantiños
Que necesarias son esta Escola de Familias que está a desenvolver a Asociación Vieiro pola comarca de Bergantiños. Dentro da programación de prevención no eido familiar FAMILIAR, toda persoa con responsabilidades familiares, poden acceder a estas sesións para aprender sobre a labor como educadores.
Este programa está impartido polas psicólogas e educadoras de Vieiro, Lara Rodríguez e Miriam Romero, que buscarán orientar e dar as ferramentas adecuadas para a educación dos nosos fillos.
Algúns dous contidos deste curso inclúen: comunicación e afecto, xestión e emocións, fomento da responsabildade, límites, resolución de conflitos, disciplina positiva, etapas evolutivas, coeducación, técnicas de modificación de conduta, sexualidade, adicións...
Un programa totalmente gratuíto, que poden solicitar aquelas ANPAS ou Centros educativos que non existan, ademais dos pais e nais a nivel persoal. As sesións comezarán en novembro, cunha periodicidade semanal, quincenal ou mensual, segundo a preferencia dos participantes, e a súa duración será de hora e media. A inscrición pódese facer na Asociación Vieiro, no teléfono 981 75 61 61 ou na ANPA do colexio ao que pertence.