Vieiro arrincou coa Escola de pais e nais do C.E.I.P. Bergantiños
07:10 07/05/18
Escola de pais e nais de Vieiro no CEIP Bergantiños
Arrimcou o programa ESCOLA DE PAIS/NAIS da Asociacion antidroga Vieiro, con dous novos grupos no Ceip Bergantiños ao que asisten responsables familiares: pais/nais e titores/as legais.
As sesións se imparten os martes cunha periodicidade mensual e as sesións son presenciais en horario de 16:00 a 17:00. Estas escolas son impartidas polas psicólogas Mª Belén Álvarez Sande e Lara Rodriguez das Heras.
Os contidos que se tratan nestas escolas son considerados de alto interese formativo e de vital importancia cara á educación dos fillos/as e que constan dos seguintes talleres:
Habilidades persoais e sociais
Disciplina positiva
Violencia
Condutas adictivas.
Sexualidade.
Os estudos.
A familia
O obxecto destes cursos é o de informar e formar aos pais á hora de que estes poidan desempeñar con garantía o labor de educadores/as sobre todo en temas relacionados coa educación persoal e social.