Luns. 04.11.2024
El tiempo

"A Escola de Pais e Nais é unha formación de gran valor"

Escola de Pais e Nais de Vieiro en Ponteceso
"A Escola de Pais e Nais é unha formación de gran valor"

Esta semana tivo lugar a primeira cita Escola de Nais e Pais no CEIP Eduardo Pondal. Unha Escola, promovida pola Asociación Vieiro, e desenvolta por Miriam Romero, na que están apuntadas 25 persoas. 

Foron 15 os pais e as nais que participaron na primeira sesión, e a meirande parte quedaron sorprendidos co interesantes que son os temas e a paixón coa que os desenrola Miriam. "Estamos seguros que a afluencia vai a ir a máis en canto se sepa do curso", sinalan dende esta ANPA, formada por José Luis Grobas Amado, Miguel Cousillas Regueira, Nieves Suárez Martínez, Rafael Castro Lema e Sonia Ures Suárez. 

"É unha formación de gran valor, que se nos ofrece de balde e que animamos a todos os pais e nais a aproveitar".

Trataránse temas diversos, como as conductas adictivas, tanto con sustancias, como coas novas tecnoloxías, a coeducación en igualdade, a disciplina positiva, os límites, etc. "Será un espazo no que poderemos compartir inquedanzas sobre a nosa propia experiencia ca crianza e no que acadaremos novas ferramentas para a prevención de determinadas situacións e afianzaremos as que xa temos", explican animando á xente a participar pois non ten custe ningún..

O curso será semanal e terá lugar os martes, de 18:30 a 20:00h no edificio das escolas, e rematará en maio.

 

Comentarios