A edición xuvenil de “Costa do Solpor”, xa está nas librarías

Ilustración o Valado do Vento, de Antonio Seijas para a novela Costa do Solpor Xa está á venda, tanto no web de Edicións Xerais de Galicia como nas librarías de todo o país, "Costa do Solpor. O regreso da Illa do Tesouro", edición reducida que o bo de Xosé María Lema Suárez estivo preparando, a proposta da editorial, para a colección Fóra de Xogo, pensada para o público xuvenil. Un xeito de achegar a completísima novela “Costa do Solpor para os máis novos lectores, ansiosos de aventuras. As rochas de Fisterra, Muxía e Camariñas seguen sendo protagonistas desta novela ambientada no séc. XVIII e que empeza onde remata "A Illa do Tesouro" de R.L. Stevenson; de aí o subtítulo: unha homenaxe galega ó gran escritor escocés. Son 230 páxinas menos que a versión primixencia, cun desenvolvemento da trama máis áxil, pero procurando manter e mesmo incrementar a fraseoloxía enxebre, que fora un dos aspectos máis loados polos críticos nas edicións anteriores.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Lema Suárez en QPC

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)